Saturday 11 de May de 2024

Licitada a pavimentación e a instalación dunha rede de pluviais no Vilar en Carreira


 

O Concello de Riveira informa da licitación dunha nova actuación consistente na pavimentación e a instalación dunha rede de pluviais no núcleo do Vilar, situado na parroquia de Carreira.

Na actualidade, as rúas onde se vai facer a intervención son de formigón e nelas se observan danos importantes, como disgregacións ou socavións no firme. Para corrixir esta situación, redactouse un proxecto que inclúe as seguintes accións:

• Pavimentación con formigón pulido intercalado con franxas de adoquín de formigón nunha superficie de 1.355 metros cadrados, previa demolición do firme actual.
• Instalación de dunha tubaxe de PVC de 315 milímetros de diámetro e 132 metros de longo para augas pluviais, ademais de construción de 4 pozos de rexistro e 6 arquetas sumidoiro.

O importe desta actuación ascende a 74,057 euros, IVE incluído, financiados no marco do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2018. O prazo de execución son tres meses. As empresas interesadas en concorrer ao proceso de licitación poden presentar as súas ofertas ata o 9 de xaneiro de 2020 á medianoite a través da Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).